Falando de Identidade …
“Cando se perde unha lingua, é unha visión do mundo a que se perde. Os indios Campas da selva amazónica teñen 27 palabras para nomear o verde, os Mistikos da costa Caribeña, que son moi bos mariñeiros, teñen 25 palabras para o vento. Os esquimós distinguen vinte e tantas cores de neve.
Cada vez que un pobo deixa de falar unha lingua, empobrécese toda a humanidade.
A principal identidade cultural é a linguaxe, mais ningunha identidade é inmutabel. O escritor debe escribir como fala seu pobo”.
... voltamos a Celso Emilio: “Agardarei”
" ...
Que está conmigo a esperanza,
fiando, fía que fía...
ela fía i eu confío
no albor dun novo día.
Non importa, agardarei
polo albor dun novo día".
Co doadiño que é de ver, non atino a comprender como hai quen se tapa os ollos.
ResponderEliminar(Alédame que os meus atopasen o teu espazo. Graciñas!)