11 de janeiro de 2011

Falando de Identidade …

                
Cando se perde unha lingua, é unha visión do mundo a que se perde. Os indios Campas da selva amazónica teñen 27 palabras para nomear o verde, os Mistikos da costa Caribeña, que son moi bos mariñeiros,  teñen 25 palabras para o vento. Os esquimós distinguen vinte e tantas cores de neve.

 Cada vez que un pobo deixa de falar unha lingua, empobrécese toda a humanidade. 

A principal identidade cultural é a linguaxe, mais ningunha identidade é inmutabel. O escritor debe escribir como fala seu pobo”

Ernesto Cardenal, poeta nicaragüense
www.artepoetica.net/Ernesto_Cardenal.htm 

   
           ...   voltamos a Celso Emilio: “Agardarei”


   " ...
   Que está conmigo a esperanza,
   fiando, fía que fía...
   ela fía i eu confío
   no albor dun novo día.


   Non importa, agardarei
   polo albor dun novo día".








1 comentário:

  1. Co doadiño que é de ver, non atino a comprender como hai quen se tapa os ollos.

    (Alédame que os meus atopasen o teu espazo. Graciñas!)

    ResponderEliminar