26 de dezembro de 2010





              A flor entronizada






Canda nenos

xogamos

pechados no baño

e preso no peito

brincaba  inconsciente

o corazón



Levamos ocultas connosco as imaxes

 que  ninguén saberá

porque é  difícil contar

que desde tan curta idade

coñeciamos o segredo máis profundo

as razóns e o por que



Porque atopei  o momento preciso no que te bicar

e a penas recordo o teu rostro

pero estás tan presente…!

Daquela recoñeciamos con certeza

que hai erros que acometer

e que ás veces,  paga a pena

dicir adeus



Porque  es a prezada peza 

que conformo agora na area

en pé, disposta

Es a  flor entronizada

e despedirnos… será un don




Raquel Pazos GarridoSafe Creative #1012268136697
26 – 12- 2010




Logo da lectura de RODÓ - Mirando xogar a un neno
Ver entrada seguinte


Mirando xogar a un neno - de RODÓ

Motivos de Proteo

(Parábolas)


José Enrique Rodó

Mirando xogar a un neno




…A menudo se oculta un sentido sublime en un juego de niño.
(SCHILLER. Thecla. Voz de un espíritu).


Xogaba o neno, no xardín da casa, cunha copa de cristal que, no límpido ambiente da tarde, un raio de sol tornasolaba como un prisma. Manténdoa,  non moi firme, nunha man, traía na outra un xunco co que golpeaba acompasadamente na copa.

 Logo de cada toque, inclinando a graciosa cabeza, quedaba atento, mentres as ondas sonoras, como nadas de vibrante canto de paxaro, se desprendían do ferido cristal e agonizaban suavemente no aire. 

Prolongou así a súa improvisada música, ata que, nun arranque de volubilidade, cambiou o motivo do seu xogo: inclinouse á terra, recolleu no oco  das mans a area limpa do carreiro, e foina vertendo na copa ata enchela. Terminada esta obra, alisou, con primor, a area desigual dos bordes.

 Non pasou moito tempo sen que quixera volver arrancar do cristal, a súa fresca resonancia; pero o cristal, enmudecido, como se houbera emigrado a alma do seu diáfano seo, non respondía máis que cun ruido de seca percusión ao golpe do xunco. 

O artista tivo un xesto de enoxo para o fracaso da súa lira. Houbo de verter unha lágrima, mais deixouna en suspenso. Mirou, como indeciso, ao seu redor, seus ollos húmidos detivéronse nunha flor moi branca e pomposa, que na beira dun valado veciño, mecéndose na rama que máis se adiantaba, semellaba escapar da compaña das follas, na espera dunha man atrevida. 

O neno dirixiuse sorrindo á flor, pugnou por alcanzala e aprisionándoa, coa complicidade do vento que fixo por un instante abater a rama, fíxoa súa e colocouna graciosamente na copa de cristal, asegurándolle o talo na mesma area que sofocara a alma musical da copa. Fachendoso do seu desquite, levantou, todo o que poido, a flor entronizada, e paseouna, coma un triunfo, por entre a multitude das flores.


Traducido por Raquel Pazos

6 de dezembro de 2010

BENEDETTI, SEMPRE

Uruguay,  1920 – 2009


BENEDETTI, taquígrafo, vendedor, caixeiro, contable, funcionario, periodista, POETA SEMPRE.

BENEDETTI,  versificou a vida,  o poeta canta . . .




                        "No te salves" na voz do poeta





“y ojalá pueda estar

de tu sueño en la red

esperando tus ojos

y mirandoté”



De "El amor, las mujeres y la vida"


Ita  est
Así  es




30 de novembro de 2010




¡ MENUDO  MARKETING!

"La caída de los gigantes” terá que  acadar  irremediablemente unha tirada de vendas descomunal. Ademáis,  ven cun pan, que digo, ¡cunha panadería!  baixo o brazo, pois é o primeiro da trioloxía “The Century”; os seguintes, xa programados,  sairán  no  2012  e  2014.


  


Semella que Follett, quere abarcar o plan de lectura anual, daqueles que cun destes tochos, agasallo no nadal,  sinten cuberto  para o resto do ano , o bechoco da lectura.

Mágoa,... así xa cumpren.



12 de novembro de 2010

Onte en Vigo, Ismael Serrano



                  Vigo  11/11/2010
 

Dende as 8.30 ata ben pasadas as 11.00, disfrutamos en Vigo do excelente espectáculo Musical – Narrativo  no que co seu característico bo facer, Ismael enfiou conxuntamente música, temas históricos e novas cancións, coa historia narrativa dos veciños dunha  comunidade, hipotéticamente a súa; todo elo perfectamente instalado no escenario da súa casa, no escenario da vida mesma,  “Acuérdate de vivir”, para disfrutar e reflexionar.

 




9 de novembro de 2010

POESÍA . . . NOSO PAN DE CADA DÍA



Meu propósito:

Amosar A CREACIÓN, en palabras maiúsculas.

Vida-Poesía, non existirían sen o Combate diario.

Este vídeo que aquí ven, é CREACIÓN.

Volvínme topar coas GAROTAS DA RIBEIRA.

Non  teñen perda.

A Poesía está onde menos a esperas, 

está nos xestos, 

debaixo da pedra, 

No sorriso que non podo evitar,

frescura auténtica 


VEDE O VÍDEO…  



   PREME NO PLAY



31 de outubro de 2010

A ESCRITA (a de hoxe, deixou fondos vestixios na pota, agasallo da miña nai.)


“A invención da escrita naceu da necesidade práctica de rexistrar as contas. Os primeiros rastros de sumerio escrito datan do ano 3100 a.C. e son marcas en pequenas táboas de arxila.”





Non resulta estraño na miña casa, ver como intempestivamente vou de aquí para alá, facendo anotacións nun  pequeno bloc de notas, follas soltas.

Imaxino que os meus xa están acostumados, a ver ese ir e vir ás atoladas, aínda que sexa no medio da ducha ou no medio do guiso, xusto no punto crítico da fritura, cando de estar ben feito convértese en torrado (se hai sorte!)

Ben sei, que é difícil convivir nestas circunstancias,  mais...
 
¡ Xurde a Idea !

e é totalmente indispensable ir tras dela, senón escápaseme,  iráse, e deixará un malestar, ese mesmo que cando imos baixando os chanzos, segundos antes de tropezar, pensamos: "pousa ben o pé que aínda vas cair", e alá vai !, directos ao chan. 

En verdade que corro,  se non vou tras dela,  desa idea, seica perdo algo que ao mellor non podo recuperar.

E sei que non é efémero, ben sei, que isto que xurde así,  vense cocendo, non sei se dos miolos ao estómago, ou viceversa, pasando sempre polo incondicional pasadizo secreto do corazón;  pero corro,  e se non me da tempo a abrir o word que teño no escritorio preparado para estes fins, meu vómito caerá no pequeno bloc de notas, onde día a día, teño  a profunda necesidade quen sabe… se de render contas  e facer inventario da pasaxe da miña vida, tal os sumerios.  



27 de outubro de 2010

Ai, Reverte, Reverte...!



En relación ao ¡boom!  nos medios,  polas súas palabras a Moratinos.
                              






Botou noiva o desgraciado

 poderoso cabaleiro

 DON DIÑEIRO Gongoriano



A POLÍTICA, ideal

ensínalle as bragas e fai

máis ruín ao malpocado



A POLÍTICA, infección,

Puta fiel . . .  non quería escribir de ti.







Ás veces, iso pasa, e hai que saber, deter o verso.




16 de outubro de 2010

Ramiro Fonte


O día 11 de Outubro foi o segundo aniversario do pasamento do poeta Ramiro Fonte; para min, mastro fiel,  estandarte da poesía galega.
Lin a Ramiro, linno moito… e tiven o pracer de coñecelo, canda xoven él, adolescente eu.  Aínda podo recitar de memoria algúns dos seus versos.
Foísenos cedo o xenio.

“A morte é case sempre miserable”, escribía o poeta,

        "Abondan as estrelas para seguires rumbo”







a  Ramiro Fonte, in memoriam

  


Hai un corazón no mar que soergue

na memoria do heroi que vai connosco

na nena que aínda son demoran atardeceres os teus versos,

a palabra máis sinxela

 navíos son,  plenitude,  fonda estación,  tempestade son




Sabede que non, 

non pasa desapercibido un corazón no outono que se perde

 invicto

no intenso mar azul


                                                                                     

Raquel Pazos
                           En Vigo, a 16 de Outubro de 2010                                   





10 de outubro de 2010

mulleres da Galiza - mulleres da Raia



Buscando información na rede sobre o documental: MULLERES DA RAIA, da galego-portuguesa Diana Gonçalves que trata sobre a loita diaria pola supervivencia das mulleres na fronteira, na raia, entre o norte de Portugal e Galiza, onde o contrabando e a emigración clandestina, durante os períodos ditactoriais franquista e salazarista, son tratados neste traballo cinematográfico dende a perspectiva de xénero; e polo que eu mesma gardo na memoria sobre o paso da fronteira, a ponte, mailos rapaces que en bicicleta, por unhas pesetas, guiábannos entre os vieiros, facéndonos o paso máis rápido. Aquí o tendes:

 http://www.youtube.com/watch?v=Zq-TT1AbPFk



 
Pois ben, topeime cun video: MULLERES DA GALIZA, que amais de feito na casa, sons rapeiros e letra un tanto peculiar; ten un aquel que me agrada, e dalgún xeito me leva á raia máis íntima de onde parte a nosa propia identidade. 

http://www.youtube.com/watch?v=fNvR1TCig4o 







4 de outubro de 2010

A nosa pequena viaxe


Tocou ¡sábado libre! e decidimos aproveitalo visitando o país veciño.




PORTO, inesquecible, reserva especial, memorable sempre.

Teño costume, cando visito Portugal, de facerme con algún libro de poesía. Deteño o tempo nos estantes,  e a modo,  procuro escoller, tarefa moi difícil.
Caeron nas miñas mans, "Alexandre O'Neill " dito por Sinde Filipe (cd) e "Navegando nas palabras" de Antonio Paiva.
Confeso que tamén é costume, esa noite, de hotel, comezar a lectura, ¡eu de troula!, na soidade do baño, a media luz, por aquilo de non amolar; a mergullarme e choupar entre os versos  (¡que estaríades a pensar...!) de António.

 Ahí van , a contracorrente, algúns deles:


"podemos esquecer-nos de nós
 podemos esquecer-nos dos caminhos

 mas nunca esqueceremos
 os olhos que um día nos amaram"


                         ***


"vem descalça na noite
 calçar os meus sonhos" 


                        ***


"ando à minha procura
esqueço-me sempre do último lugar onde me deixei"



Isto é unha pequena mostra dunha primeira lectura, o que sei certo, é que ei de volver a él.

1 de outubro de 2010




As contras, ás abertas...
imos compartila maxia



Para Celaya a poesía é unha arma cargada de futuro, como base deste verso,  Belén Reyes escribiu ; e concordo:


"La poesía es un arma cargada de mercurio,
-hay una minoría que la atrapa-
Los demás que se apañen con la nómina,
con el vídeo, la coca, o la esperanza."


Érotique



Karen  Kruse




Érotique



O meu corazón é
tan ancho e longo como un mar
para quererte
mil trasatlánticos sucan os teus seos,
bordeados de mel.



As miñas mans son
correntes submarinas
procurando un atardecer
no que demorarse 






Raquel  Pazos



Érotique,  viu á luz ao público,  na escolma " Regalos del Alma " Madrid, Xuño 2005