PALABRAS
para Antonio e familia,
coa vosa mesma ilusión
Unha gaivota algareira
herba seca peteiraba
na mañanciña de maio
moi afanosa apiñaba
Gaivota de pluma nova
levas no bico a
esperanza
reloce no teu corazón
con finas febras
douradas
Con fíos de arume e
palla
teces o niño a fervor
gaivota namorada levas
no bico palabras de
amor, palabras
Raquel Pazos
Vigo, 31 de maio
O que si eres é unha gran poetisa que traduce os nosos sentimentos. De todo corazón é un pracer ler as túas palabras.
ResponderEliminarAna, es todo corazón, ti tamén teces.
EliminarBicos