O día 11 de Outubro foi o segundo aniversario do pasamento do poeta Ramiro Fonte; para min, mastro fiel, estandarte da poesía galega.
Lin a Ramiro, linno moito… e tiven o pracer de coñecelo, canda xoven él, adolescente eu. Aínda podo recitar de memoria algúns dos seus versos.
Foísenos cedo o xenio.
“A morte é case sempre miserable”, escribía o poeta,
“A morte é case sempre miserable”, escribía o poeta,
"Abondan as estrelas para seguires rumbo”
a Ramiro Fonte, in memoriam
Hai un corazón no mar que soergue
na memoria do heroi que vai connosco
na nena que aínda son demoran atardeceres os teus versos,
a palabra máis sinxela
navíos son, plenitude, fonda estación, tempestade son
Sabede que non,
non pasa desapercibido un corazón no outono que se perde
invicto
no intenso mar azul
Raquel Pazos
En Vigo, a 16 de Outubro de 2010
Sem comentários:
Enviar um comentário