28 de janeiro de 2011

Good night, mon ami



Interesante curtametraxe de animación con plastilina, baseada nun relato de CASTELAO, que por certo fai neste mes  o 125 aniversario do seu nacemento.

Está tomada dunha páxina de cineclube do audiovisual galego: Flocos.tv  que recomendo visitar encarecidamente. 


GOOD NIGHT, MON AMI, dirixida por: Tomás Conde Rodríguez e producida por: Virginia Curiá Martínez, cunha duración de 11 minutos, trata a historia de dous mariñeiros, un que fala inglés e outro francés.  Ambos beben xuntos, aínda que sen entenderse. Cando se dispoñen a pagar danse conta de que acaban de ser vítimas dun ladrón de carteiras.

Excelente representación, inxenio e caracterización dos personaxes; demostrando que: Aquí na terriña, ben  que sabemos.

  






Sem comentários:

Enviar um comentário