LEONARDO
HERRERA
Dáme un punto de apoio e moverei o
mundo.
Óleo sobre tea.
O
MALABARISTA
El ponse cada tarde no semáforo cos seus paus de malabarista
e fai o seu papel unha e outra vez diante dos coches a intervalos dun minuto e
mil sorrisos.
-Pobre tolo ! Virá pedir…
Vai moita calor e con resignación subimos os cristais. É
difícil para moitos asumir este xeito de gañar a vida, hai maneiras
máis normais de vivir sen arriscar.
O tempo da función chega á súa fin; o semáforo ponse verde
pero o tipo non pasa a gorra, entón é cando sorrimos os da vida asegurada.
Damos gas e baixamos os vidros.
-Vaia calor !
Non somos mala xente, tan só temos todo escrito e nada sobre
o papel.
Madrid, 2 de
xullo de 2012
Ao que pide se lle da...iso nos ensinaron e así é como fai moita xente.
ResponderEliminarsó que...non nos gusta pagar, queremos cultura si, pero gratis por favor, "non me venhas a cobrar, que eu non te ped
ín nada...e tampouco sei apreciar! :( "
se tiveramos ollos para ver, se souberamos valorar máis unhá sensación que unha moeda... Reflexións!
Na gorra ou ao que pide, non e obrigatorio dar. E cuestion de etica/moral... escoller, valorar, e aproveitar a oportunida: temos que aprender a dar!!
Saude!