12 de julho de 2012

O MALABARISTA



LEONARDO HERRERA
Dáme un punto de apoio e moverei o mundo.
Óleo sobre tea.



O  MALABARISTA




El ponse cada tarde no semáforo cos seus paus de malabarista e fai o seu papel unha e outra vez diante dos coches a intervalos dun minuto e mil sorrisos.

-Pobre tolo !  Virá pedir…

Vai moita calor e con resignación subimos os cristais. É difícil para moitos asumir este xeito de gañar a vida,  hai  maneiras máis  normais de vivir sen arriscar.

O tempo da función chega á súa fin; o semáforo ponse verde pero o tipo non pasa a gorra, entón é cando sorrimos os da vida asegurada. Damos gas e baixamos os vidros.

-Vaia calor !

Non somos mala xente, tan só temos todo escrito e nada sobre o papel.


Raquel Pazos
Madrid, 2 de xullo de 2012


1 comentário:

  1. Ao que pide se lle da...iso nos ensinaron e así é como fai moita xente.
    só que...non nos gusta pagar, queremos cultura si, pero gratis por favor, "non me venhas a cobrar, que eu non te ped
    ín nada...e tampouco sei apreciar! :( "
    se tiveramos ollos para ver, se souberamos valorar máis unhá sensación que unha moeda... Reflexións!
    Na gorra ou ao que pide, non e obrigatorio dar. E cuestion de etica/moral... escoller, valorar, e aproveitar a oportunida: temos que aprender a dar!!
    Saude!

    ResponderEliminar