O sitio parecía estar a me esperar
cun par de manobras
que finalmente foron catro ou cinco
pola miña ineptitude e falta de costume
a non atopar as cousas nunca
na súa xusta medida
e a meterme de cabeza e xa
Golpeei os laterais e rasquei as defensas
O tipo de rabuño que che fere
no máis profundo
cando a carrozaría está impecable
A verdade, aquilo estaba a resultar
exasperante para min
e un tanto embarazoso
E todo por encaixarme
ao teu amor chico
Leandro Lamas
Creo entender aquí un poema adicado ao típico rascazo no coche aparcando.
ResponderEliminarCurioso canda menos.