"Con el alma al aire"
ALEXIS GARCÍA
óleo
UN PASO ADIANTE
Somos
corpos de materia tanxíbel
queiramos
ou non
ocupamos
un espazo no aire
e
isto, tédeo en conta, non é decisión nosa
Afastamos
por defecto
con
cada movemento
moléculas
en suspensión que nos rodean
e
así é, como mantemos distancias
Somos
corpos de materia tanxíbel
e
tendencias algo maniáticas
mentres
ti arrombas cada anoitecer
os
panos brancos
eu
aliso a cada paso
os
flocos das alfombras
e o que realmente somos
fica
no aire en suspensión como as pompas
A
nosa distancia corporal
está
tamén proporcionalmente calculada
de
tal xeito, que se ti deses un paso adiante
a
indecisión nestes casos sería imperdoábel
eu,
só podería facer dúas cousas
retroceder,
dando exactamente, ese mesmo paso cara atrás
ou
decididamente, vencer distancias
e
abrazarme a ti
Raquel Pazos
Vigo, 23 de abril de 2013