Christian Schloe |
A submisión apareceu
cedo pola porta
viña acompañada dunha
sombra decidida
porque someterse é
renunciar
Unha sombra longa,
longa
como unha árbore en
flor
e desobediente como
unha adolescente atrevida
que se mofa
das boas formas, dos
abrazos melosos
dos bicos pasaxeiros
que nos damos
das boas intencións
que enumeramos cada
día
do teu “eu tamén”
cando che digo quérote
co pulso batendo a mil
como cando liberei nun
muro alto
ao pardal ferido que
sandei
e nun tris, á miña
vista,
chapouno un gato.
Sem comentários:
Enviar um comentário