"El beso"
ESTHER BÁRCENAS
BÍCAME, BÍCAME SEMPRE
Non foi previsto,
un movemento absurdo
todo a gran velocidade
vivir é un accidente
brutal
un breve instante
non preguntes, non hai
tempo
todo pasa tan rápido…
e o corazón,
a pequena animalia
ferida entre os barrotes
tan insignificante!
Nos impactos máis
fortes
hai sempre
un momento de
consciencia
unha dor punzante
un algo que quizais
nin sucedeu
aínda que non o
recordes, bícame
que a nosa imaxe quede
varada nese instante
Bícame, bícame sempre
un bico fugaz
aínda que me mates
Raquel Pazos
23 xaneiro 2014
Sem comentários:
Enviar um comentário