DOCEMENTE
ás caixeiras, miñas compas
pi, pi, pi,
a que vos recorda?
somos moitas
as que a
diario dicimos
69 con 69
céntimos
por dicir
algunha cifra,
polo menos
que sexa erótica!
Nese instante
somos as raíñas
e así é como
nos sentimos
Son unha goma
de mascar
na túa boca.
E docemente
así,
é como nos
explotan
Raquel Pazos
03 de
febreiro de 2014
Sem comentários:
Enviar um comentário