HENRI MATISSE
" A danza"
AS PALABRAS FOXEN DE
MIN por un campo verde
corren e ollan para
atrás
por ver se aínda as
persigo
elas non queren saber
de compromisos,
de que lles faga dicir
máis
que son verdade,
que son verdade,
que son verdade,
como unha ladaíña
nin queren saber
de follas e libros, de
caixóns,
encadeadas unha detrás
da outra,
de roteiros sen fin.
Eu comprendo e vixío,
ás veces fanme parte
do seu xogo
levo palabras
prendidas no pelo
e comparto con elas
algún soño perdido
de cando en vez, teñen
o bo tino
de arremuiñarse e
enlazarse
como só elas saben
e ao chou forman estes
versos
que escribo.
Vigo, 30 de Agosto de 2013
Sem comentários:
Enviar um comentário