10 de outubro de 2010

mulleres da Galiza - mulleres da Raia



Buscando información na rede sobre o documental: MULLERES DA RAIA, da galego-portuguesa Diana Gonçalves que trata sobre a loita diaria pola supervivencia das mulleres na fronteira, na raia, entre o norte de Portugal e Galiza, onde o contrabando e a emigración clandestina, durante os períodos ditactoriais franquista e salazarista, son tratados neste traballo cinematográfico dende a perspectiva de xénero; e polo que eu mesma gardo na memoria sobre o paso da fronteira, a ponte, mailos rapaces que en bicicleta, por unhas pesetas, guiábannos entre os vieiros, facéndonos o paso máis rápido. Aquí o tendes:

 http://www.youtube.com/watch?v=Zq-TT1AbPFk



 
Pois ben, topeime cun video: MULLERES DA GALIZA, que amais de feito na casa, sons rapeiros e letra un tanto peculiar; ten un aquel que me agrada, e dalgún xeito me leva á raia máis íntima de onde parte a nosa propia identidade. 

http://www.youtube.com/watch?v=fNvR1TCig4o 







2 comentários:

  1. Pois si que si; que eu tamén gostei do son rapeiro que pescaches no mar de youtube en trouxeches para a lonxa do blogomillo.

    Saúdos dende a Chousa

    ResponderEliminar
  2. Graciñas polo homeaxe tan merecido por tantas mulleres que tanto loitaron

    ResponderEliminar