22 de janeiro de 2016

FLY BLIND


Fun quen de reter
a única escena linda na retina
e reproducila continuamente
sen danar as engrenaxes.

Souben tamén
recoller os pétalos caídos
e sen mudar a terra
volver reverdecer a flor.

Limei as asperezas
e non derramei nin unha soa gota
para que non brillases tan só
pola túa ausencia.

Souben do fel
e de Mesalina a fama
Non me arrepinto de nada,
mais ás veces
negámonos o máis elemental.

Raquel Pazos
Licencia de Creative Commons


LAURA KOK

Sem comentários:

Enviar um comentário