E saber canto din de ti as túas mans e como as mans coñecidas deixan impresa a súa personalidade e a súa paixón na nosa memoria, como o prego dunha saba caída ao azar e así pasará á historia, a memoria é auto engano, marca como incondicional calquera trivialidade, abandeira o circunstancial,
pero o certo é que admiro a expresividade de certas mans
por si soas. Mans honestas.
Namoreime polas túas mans, porque din de ti o que os teus beizos selan, o máis temible, o menor desexo, calquera explosión, o teu desasosego.
Namoreime polas túas mans que non son nada para min, nin me recoñecen nin me acariñan, pero todo está nas túas mans fugaces.
A memoria medra florida como unha árbore.
Caras Ionut
Sem comentários:
Enviar um comentário