FORÁNEA coma o kiwi
esta doce invasión dos
gomos
que fan memoria no
padal
Somos a nosa historia
para que, para cando,
para onde
Foránea con toda esta
armazón
porque a pel absorbe,
din
os sales minerais
diluídos
porque a pel absorbe
facilmente a pomada
Foránea coma un vimbio
na quinta avenida
porque queda ben lindo
coma corenta gavelas
de estrume
a presión, nun
ascensor
Tanto falar para non
dicir nada
nesta lingua
estranxeira na súa propia terra.
"Todos los cielos" - PELAYO ORTEGA |
Sem comentários:
Enviar um comentário