Outro mundo é posíbel
Eu quedo coa ingrávida
moza con futuro
que ama profundamente
o rumor da vida
a do pedaleo incesante
Encho o vaso e non
choro
ao recordar algún
verso de Keats
O curtume é un proceso
laborioso e lento
Brindemos polo lume e a alborada
Non importa se fóra
chove
O ceo tínguese de
rubio ao solpor.
* Sobre o poema “Principios y Finales” de Joan
Margarit
Brindemos logo pola ciclista de Leandro Lamas.
ResponderEliminar