Recollamos os anacos
de cristal da ruptura
Non deixemos nin
rastro
Despois do ruído
estrepitoso
é imposible volver
atrás
A inocencia, esa nena
que non quere mirar
ten a consistencia
fina do cristal
e reconstruíla ten que
ver máis con recordar
que co simple feito
banal,
con tanto sentimento
contido,
de pasar a vasoira sen
pensar
O que non debemos
facer
é deixar para mañá,
As lascas doen máis
canto máis se cravan na pel
e van malévolas
directas a esfacelar
ó malpocado corazón.
Sem comentários:
Enviar um comentário