MI COCODRILO ES POETA Y VIVE EN MIS SUEÑOS COMO LAS COMETAS Acrílico y óleo sobre tabla CAROLINA CUADRILLERO. |
DESPOIS
DE TODO
Os teus pasos eran
breves e seguros
eu apuraba como un
papaventos
tras de ti
tras os teus pasos eu
vía o futuro asegurado
xunto a ti, a
independencia era só
unha palabra sen
sentido
un impensable
totalmente innecesaria
Despois de todo
ao amencer non lle
importa o canto dos paxaros
eu era un papaventos
colorido e feliz
atado a túa cintura
venerando a túa
destreza
maxistralmente
dirixido
porque desde o aire
nada se fai inalcanzable
Os teus pasos eran
breves e seguros
ata que entraches na
casa
e pechaches a porta
Despois de todo quedei
fóra
e fun abandonada
como un papaventos á
intemperie
e cada tempestade amosa
unha ensinanza
e toda bonanza achega unha experiencia.
e toda bonanza achega unha experiencia.
Sem comentários:
Enviar um comentário