NA CORDA
Que acrobacia, a vida
e a súa capacidade por remontar
volver emprender o voo
e ilusionarse
Adeus dixen á area mollada
que non fará cemento para edificarme
e secarase inerme ao sol
Adeus á axenda telefónica, memoria dun tempo
os que non queren oír, a quen non debo ver
o seu nome estampado unha cicatriz
Adeus ao reloxo parado que mantiña o meu pulso
constante na maior das aceleracións previstas
o teu corpo xunto ao meu
Adeus dixen honorablemente ao horror
á correspondencia errada
ó campo de lamentacións
onde tanta fidelidade sepúltame
Agora queda facer certas as miñas palabras
tan sentidas, levantar con elas e levantarme
construír un muro e remontarme a súa altura
e desde alí, desde o cume, lanzarme en picado
facer da caída un espectáculo
a pirueta xenial, o público emocionado,
levantar paixón, niso consiste a vida
a maior das extravagancias posibles
non foi amarte
foi caer de pé
sen rede.
Sem comentários:
Enviar um comentário