A
NOITE, LOBA ESCURA
A noite é unha loba
escura de ollos brillantes
que pasa impactante e
imparábel
e mentres ti, déixaste
levar…
cos zapatos de fino
tacón, os leggins axustados
e o sorriso Cheshire
plastificado
fundíndose pinga a
pinga,
ante o esplendor tan
lúcido da mirada
e tráeche de volta a
casa
cos zapatos na man, o
vaso baleiro de cristal
e o xuramento nos
labios de non volver xamais
a mirarlle aos ollos á
loba tan escura que pasa
porque pasa o amor
como unha corrente de
aire
frío
Sem comentários:
Enviar um comentário