No
día de onte, Marta Dacosta, Vanesa Santiago e eu mesma, participamos
nunha mesa redonda, organizada polo Centro de Documentación e
Recursos Feministas de Vigo na que contamos a nosa experiencia como
lectoras, escritoras e críticas e achegamos a nosa visión sobre
este novo modelo de expresión e comunicación.
Meu
agradecemento ao Centro de Documentación por brindarme esta
oportunidade de facer máis visíbel e polo recoñecemento que isto
supón para auga nos labios, ás
compañeiras de mesa, boas faladoiras, e por suposto ao público
asistente que se prestou a amenizar a xornada coa súa participación.
Sem comentários:
Enviar um comentário