HISTORIA DE AMOR
Vigo, un total de case
trescentos mil
habitantes
segundo as últimas
estatísticas.
O amor é unha gota de
aceite
nun vaso de auga.
Escasa, moi escasa a
posibilidade
de podermos coincidir.
As luces da cidade
reflicten
as teclas consagradas
dun piano sobre o mar
nelas entretéñome
son puro espellismo,
pompa de xabón.
Serache doado esquecer
que existo.
O ronsel que deixas,
logo de amarte
dáme para vivir
mantenme a flote
Happy day for you
os meus mellores desexos
que sexas feliz, mon
amour
Cangas, agosto
2014
Sem comentários:
Enviar um comentário