"Buenos Aires"
JACQUELINE KLEIN TEXIER
Non quero desprenderme
dos vellos pantalóns
por máis que me queden
grandes
e nunca, nunca
quixera volver usalos
Nin das camisetas
preferidas
que por aburrimento e
desgaste
ocupan o fondo do
armario
o pouso do corazón dá
para todo
As paredes da casa manteñen
regueiros de pasadas
humidades
E non quero ser pegada na area que borre o mar
por máis que estea de
moda
e indique liberación
Son presa de cada
molécula que amo
e aínda así podes
marchar
a casa non fica
baleira sen ti
Por máis que foi usada
na maleta levas o olor
das bólas de naftalina,
pequenas ilusións…
Para cando volvas, se
volves
repararás na miña
roupa máis estreita
e as paredes do cuarto
seguirán da mesma cor
Sem comentários:
Enviar um comentário