O día 3 do presente, celebrouse a 2ª ronda de
poesía no Ateneu Comercial do Porto, poemas de Abril e Maio.
Achegueime a este maxestoso espazo, moi ligado á
historia da cidade, coa idea de gozar da creación e declamacións poéticas dos
nosos benqueridos irmáns e fiquei sendo convidada a recitar eu mesma, algo da
miña escrita, e así foi como A flor do
cacto, chegou lá.
Meus parabéns a estes amigos por unha xornada
magnifica na que a poesía tan vivamente fixo vibrar os corazóns de todas e
todos os presentes con tanta ilusión, na voz de Fernando Capela Miguel, Isabel Ponce Leâo, Silvino Figueiredo, Braga da
Cruz, Virgilio Liquito, Mário Vale de Lima, Henrique Dória e Julia Moura Lopes.
Que bom, parabéns!
ResponderEliminar