27 de abril de 2014

ESMIUZANDO A FLOR



O pasado 25 de abril, na libraría Cartabón, foi a presentación de A flor do cacto.
Quixen contaxiar ao público, deste virus apaixonadamente abrasador que para min é a poesía.

A poesía que non é un simulacro, nin unha figuración, que non é dos libros, nin é un fantasma.

A poesía que está na rúa, en cada xesto, na vosa propia voz e que medra imperceptibelmente como medra un cacto a carón de nós.
Coa poesía somos quen de dar resposta cando nos asaltan tantos por ques?, pois coa poesía sempre temos a man os porqués e os para ques, para contestar a todo aquilo e aqueles que nos oprimen e chámannos inadaptad@s, mais somos oprimid@s rebotado@s, porque a poesía ten o poder de facernos LIBRES.

Ben, fiquei plenamente abraiada polas mostras de cariño por parte de todas e todos os que acudiron a esta presentación, e por iso, dende este meu espazo de comunicación, quero dar as máis expresivas grazas: 
A José Goris, presentador,… por tanto!
A anxoBlas, delirante trobador que nos acompañou e axudoume a expandir o virus
A Ana Bernárdez, entusiasta cámara, coas  súas fotos acredítase o contaxio
A Maribel e Gonzalo, (Cartabón), incondicionais
E por suposto,  ao PÚBLICO asistente, que foi o MELLOR!

Raquel Pazos

4 comentários:

  1. a solitaria flor do cacto-libro
    topouse cuns poucos cravos vermellos...
    estivo mui ben o evento
    os poemas as cancións as flores a noite ...
    e o libro
    graciñas

    manolo pipas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pipas, valoro moito a túa presenza e a túa opinión. Unha forte aperta.

      Eliminar
  2. Agradecid@os estamos nós pola máxica noite que disfrutamos o carón da flor do cacto e a emoción que sentimos o escoitar a túas palabras, que permanecerán sempre na nosa memoria.

    ResponderEliminar