SERÁ QUE NON ESTÁS…
Coimbra, Abril de 2011
Tes o toque especial dunha gravata alegre
que consegue desviarme da conversa do grupo
para te seguir coa mirada na distancia.
Seica teño o don do espectador
e aínda que o filme mil veces se repita
non podo evitar desde a butaca
contemplar esa última escena
pecho os ollos e recordo
o xeito prudente e sublime
que tivemos para nos despedir.
Nesta perspectiva que manteño tenaz
será que non estás…
pero recoñézote
aínda cando
non somos maís que dous estraños
que se cruzan na rúa.
A renuncia é unha fenda escura e fría
pola que tiven que botarme a andar
costa arriba en dirección contraria
Sem comentários:
Enviar um comentário