Magosto, Círculo Poético
09 novembro 2013
CON
SABOR DE OUTONO
Refogamos o froito
maduro
á calor da amizade
nunha estadía íntima e
desorbitada
na que todos os
líquidos
tenden a desaparecer,
como pasan os soños,
cunha fenda na pel,
vaporizados
con sabor de outono.
Unha noite doce con sabor a outono e amizade, chea de conversas das que sempre aprendo de tí e nunca esquezo
ResponderEliminar