Suplíchesme
por unhas cantas
palabras lindas
pola lira de Orfeo
Sopráchesme
como a un pelo caído
na folla dun libro,
que sempre estorba
mais ti non te poñas
triste
ben sei que a vida
sucede
soamente unha vez
serei benvida no balde
dos despoxos
rota na derrota
mais non importa
que sexas
feliz
Sem comentários:
Enviar um comentário