Grazas
@s colegas do face, por lembrarme, mediante a publicación desta foto, do poema
que aos 16 anos escribín a Rosalía, e
que logo nunha visita estudantil, foi parar daquela a unha das moitas vitrinas da
casa-museo de Padrón. Xa choveu!
A Rosalía
Non convén chorar máis.
Ela chorou por todos e para sempre
LUIS PIMENTEL
E pois que cada tempo ten seu tempo,
iste é o tempo de chorar
CELSO E. FERREIRO
Chove sobor das rosas
*,
Rosalía
sobor
das Follas Novas, e das vellas.
Corre o vento, o río
pasa *, e ti semellas
escamallo
de sombras, Rosalía.
Que
do teu cansado esprito *, saía
un
berce de penas, como vedellas
se
enrolan, ti silandeira, vencellas
o
fato das nosas penas, Rosalía.
E
do máis profundo da terra, chegan
berros
que chaman, laios que creban, canto
de
negras sombras, que a todo se achegan.
Por
ti, que fuche poeta, recanto
das
nosas verbas, e as verbas se apegan
Hei de chorar sin
bágoas duro pranto*
Raquel Pazos
1984
*1.- Último verso do
poema de L.Pimentel, adicado a Rosalía.
Sin
corpo, sin traxe, sin bruído,
coroa
de sombras, música de pianos enloitados…
Chove
sobor das rosas
e da escalinata do pazo
*2.- Título dun
poema de Rosalía.
*3.- Versos
pertencentes a Vaguedás.
que o
eu corpo de terra
i o meu
cansado esprito,
adondequer
que eu vaia
van
comigo.
*4.- Primeiro
verso de Tempo de chorar, pertencente a Longa noite de pedra, de Celso Emilio.
Hei de
chorar sin bágoas duro pranto
polas
pombas de luz aferrolladas,
polo
esprito vencido baixo noite
da
libertá prostituida.
Sem comentários:
Enviar um comentário