PAXAROS
NA CABEZA
Confeso
que teño medo e asústame
deixar
aberta a ventá
pois
non é a primeira vez
que
algún paxaro atrevido
pasa
do peitoril para dentro
confuso
talvez con esta claridade interna
achou
a luz onde bater as ás
tropeza
coas paredes e busca unha saída que eu,
non
son quen de propiciar
Sem comentários:
Enviar um comentário