Neno de Tánger
“- Cómprame algo…cómprame algo.
O neno levaba uns cabaliños de madeira na man.
- Non.
- De onde es?
- De Galicia, respondín.
- Ah, ao Norte?
- Si.
- Despois, despois me compras, despois Si.
- Dame ese reloxo, ese reloxo azul que levas.
- Non, non podo.
- Cómprame algo… cómprame algo.
- Non.
- Cómprame algo… pensa nos teus fillos…
- Cómprame algo… Galicia, cómprame algo…
- Galicia, pensa en min”.
Apenas consigo subir ao autocar entre pulseiras de cobre, espellos dourados…
O neno aínda me mira impasible, tras do cristal,
cos cabaliños na man.
8 de Setembro 2011
Sem comentários:
Enviar um comentário