18 de janeiro de 2011

Muller Kichwa - Kichwa Warmi



O pobo KICHWA, indíxena na Amazonia Ecuatoriana, está na actualidade organizado en Comunidades, e as mulleres están en pleno proceso de empoderamento.
Vai por elas…


ALCONCHEL GARCÍA, M. E  Y  TÁBOAS PAZOS, E. (Eds) 2010. Kallari Muskuy Warmi Wankurishka – Antiguos Sueños de Mujeres Organizadas. Quito., Ecuador: Paz y Desarrollo ONGD & Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID).

                                                                  

 A  Estíbaliz Táboas,
 pola súa entrega





MULLER KICHWA

o teu sorriso é como auga doce a discorrer

e cae o mundo  nun parto vertical

aos teus pés, 

descalzos.



KICHWA WARMI

   carga sempre co wawa1 ao lombo

o canastro, a chicha2, o machete 

e o wawa tamén sorrí.



KICHWA WARMI

  leva arelas nos ollos

o home non leva nada…

ela  carrexa ás costas, 

un feixe de soños. 



MULLER KICHWA

 que pintas a cara

e danzas e cantas

sementas a yuca na chacra3

canta, WARMI, canta 

pide a palabra

que túa é,  a nosa voz.



   Raquel Pazos GarridoSafe Creative #1101188282543   
18 Xaneiro de 2011


1 Wawa: Neno/a, Bebé
2 Chicha: Alimento bebible, elaborado a partir de yuca
3 Chacra: Espazo físico de producíón para o sustento da familia e no que se produce e reproduce a cultura Kichwa.







1 comentário:

  1. agradecida e emocionada, como o estarán elas ao saberse pensadas e nomeadas dende outros lugares do mundo.

    muitos, muitos beijos

    esti

    ResponderEliminar